Hosting por dinahosting.
Festa do Deporte SCQ 2017

Festa do deporte scq 2017


sábado 17 Xuño


Santiago de compostela

A festa

A festa do deporte é un evento deportivo recreativo e popular aberto á participación de todas as familias, con actividades que pretenden achegar a gran diversidade de opcións que nos brinda a nosa cidade e que fan de Compostela unha gran vila deportiva; unha cidade que aposta polo deporte san no que queremos que participedes todos e todas.
Un día onde o deporte e o traballo que veñen realizando moitas entidades compostelás serán os protagonistas da festa.
Para participar só teredes que achegarvos a cada unha das sedes e sumarvos ás actividades que se estean a practicar.

Axenda

Consulta na ligazón o documento con todos os horarios e actividades de cada unha das sedes e achégate a coñecer os que máis te interesen.

Participantes

Ti, a túa familia, a túa veciñanza, as túas amigas e amigos..., todas as persoas estades convidadas. Na nosa cidade dispoñemos de moitísimos e diferentes deportes e nesta festa poderás coñecelos e gozar deles.

O convite

Xa tedes toda a información do evento neste sitio web e nas redes sociais!

O convite

¡Estade atentos! Nos vindeiros días poderedes consultar toda a información neste sitio web e nas redes sociais.

->